Os arquivos web son cada vez máis
empregados á hora de informarse, de buscar datos, de facer traballos… En fin,
Internet é cada vez máis empregado para todo, en xeral. A pregunta é, que nivel
de fiabilidade teñen os datos web?
Unha das páxinas máis visitadas na rede é
a Wikipedia. Todos acudimos a ela de boas a primeiras para enterarnos dun dato
ou doutro, sexa por propio interese ou para documentarnos de forma “seria”.
Na páxina de inicio, a propia páxina web
nos avisa que o contido dos artigos que alí se inclúen son escritos por
usuarios anónimos en todo o mundo e que é posible que haxa erros neles, polos
que nos invita a correxilos.
Con 12 anos de vida, Wikipedia é unha
poderosísima ferramenta cunha comunidade global de miles de voluntarios, que
escribiron máis de 20 millóns de artigos en 282 idiomas e dialectos. O perfil
medio do “wikipedista” é dun estudante de entre 20 e 35 anos, solteiro. Tamén
participan nela catedráticos e reitores de universidades.
A pesar do traballo dos voluntarios,
tamén hai certas persoas que se adican, directamente, a botalo por terra. Sen
ir máis lonxe, non fai moito que buscando a biografía dun personaxe de
actualidade, a información era correcta e o último parágrafo era unha
combinación de insultos contra a persoa totalmente fascinante. Poucos días máis
tarde, os editores xa o correxiran. Isto amosa a frescura e a actualización que
contén Wikipedia.
Aínda estando todo tan actualizado, a
pregunta é: a información é veraz? Hai múltiples opinións ó respecto, por
suposto.
A revista científica Nature declarou no
2005 que a Wikipedia en inglés era case tan exacta como a Encyclopaedia Britannica.
Por outro lado, o periódico español El País publicou unha reportaxe en 2009
sobre un estudio da universidade de París que fixo críticas bastante duras
contra a enciclopedia dixital e, incluso, contra o estudo de Nature.
Que crer?
Estou segura de que cada un lle outorga o
seu propio nivel de credibilidade.
Certo é que estando exposta á edición de calquera, poderiamos atopar de todo… Mais tamén debemos confiar un pouco nos “wikipedistas” que a forman, e nos estudos que estos acarrean. Polo visto, o seu emprego atópase extendido nun 73% entre os estudantes de Arquitectura, nun 65% nos de Inxeniería e Ciencias, nun 64% en Educación, nun 61% en Negocios en un 56% nas Humanidades; e, ó parecer, aínda non se fixeron públicos moitos problemas, non?
Certo é que estando exposta á edición de calquera, poderiamos atopar de todo… Mais tamén debemos confiar un pouco nos “wikipedistas” que a forman, e nos estudos que estos acarrean. Polo visto, o seu emprego atópase extendido nun 73% entre os estudantes de Arquitectura, nun 65% nos de Inxeniería e Ciencias, nun 64% en Educación, nun 61% en Negocios en un 56% nas Humanidades; e, ó parecer, aínda non se fixeron públicos moitos problemas, non?
Persoalmente, non me decantarei nin polo
estudo de Nature nin polo da Universidade de París. Todo está exposto a dúbida,
sobre todo no mundo de internet. O importante é sempre o contraste de
información.
PÉREZ-LANZAC, Carmen: «¿Debemos fiarnos de la Wikipedia?» [en línea]. Elpaís.com, 10 xuño 2009.
< http://elpais.com/diario/2009/06/10/sociedad/1244584801_850215.html>
[Consulta: 28 de novembro do 2012]
EFE: «Wikipedia, una enciclopedia
útil pero poco fiable»[en línea]. Elmundo.es,
14 xuño 2010.
< http://www.elmundo.es/elmundo/2010/06/14/ciencia/1276516551.html>
[Consulta: 28 de novembro do 2012]
REDACTOR TERRA: «¿Es fiable la Wikipedia?» [en línea]. Terra.es, 18 maio 2007.
< http://www.terra.es/tecnologia/articulo/html/tec16222.htm
> [Consulta: 28 de novembro de 2012]
< http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia
> [Consulta: 28 de novembro de 2012]
No hay comentarios:
Publicar un comentario