viernes, 16 de noviembre de 2012

TVG


Os días 6, 7 e 8 de novembro, todos nós, os alumnos de segundo de Xornalismo da USC realizamos unha actividade de campo do máis interesante: visitamos o Centro de Documentación da CRTVG. Mentres ríamos e nos ilusionabamos ó atopar todas as cintas das temporadas de Doraemon, ou nos perdíamos polos corredores do edificio por sacar fotos ca figura do Xabarín Club, aprendemos como funciona realmente un centro documental e a importancia que ten.
Unha das principais cousas que todos nós sacamos en limpo da visita, é que as persoas que traballan neste campo viven na “sombra”, por así dicilo, e de algún xeito non son valorados como deberían. Sen todos aqueles traballadores que se encargan da organización e búsqueda dos arquivos, o xornalista non podería facer o seu traballo. E isto é algo que a persoa que se atopa detrás da televisión, non ve. Hai unha mala costume por parte da audiencia de non apreciar o verdadeiro traballo de todo o equipo que fai posible un simple programa. Tan só se quedan cas caras dos reporteiros e presentadores, como se fosen os que fixeron todo o que vemos. Ténse a esperanza, ó menos unha servidora, de que a visión estea cambiando e chegue a cambiar por completo e o público chegue a ser consciente de todo o traballo que se atopa detrás dun simple telexornal.
Os arquivos están repletos de imaxes e sons que pasan dun contedor a outro, dependendo dos avances tecnolóxicos. Todos quedamos abraiados con moitos dos aparatos (e sobre todo do gran tamaño destes) que se empregaban alá polo 85 na Televisión de Galicia. Cun recordo especial da “pulga” e do seu funcionamento, así como do tamaño case igual ó de un maletín das “cintas” que conteñen imaxes de aquela época. Pouco a pouco estes formatos se foron modernizando ata o actual, que son unhas pequenas cintas, fáciles de clasificar e que ocupan moi pouco espazo.
Na CRTVG o material está gardado en San Marcos nun depósito de arredor de 700 metros cadrados e lévanse almacenadas 400000 cintas. Débense conservar nunhas condicións especiais para evitar o deterioro destas, como é lóxico, cunha humidade e temperatura totalmente controlados.
Unha das encargadas do arquivo, explicounos que o tratamento dos materiais, dependendo da súa orixe, son almacenados de diferente forma. Por exemplo, os de produción propia e os de produción allea non son gardados do mesmo xeito. Unha das cousas que maior interese causou en nós é o feito de que moitas das imaxes que a televisión posúe son “inéditas” (o mesmo ocorre en todas as televisións), e con elas hai que ter especial coidado pois no momento no que adquiren noticiabilidade de novo poden precisarse ou (atención!) poden ser vendidas a outras antenas por moi bo prezo. Isto pasou, por exemplo, con imaxes do Prestige, non só no momento no que afundio, senón agora que comezan os xuízos deste.
Isto non significa que o almacenamento do material de produción allea non sea gardado coa mesma rigurosidade. Por suposto, todo é tratado dun xeito especial e coidadoso, e todo elo leva moitas horas de traballo… as cales actualmente son invertidas por 17 documentalistas na Televisión Galega.
Antigamente esta organización facíase a man, agora emprégase o mundo dixital, o cal facilita enormemente as cousas. A documentalista que nos serviu de guía amosounos o modo de facelo no ordenador, trátase dun sistema de búsqueda por palabras bastante sinxelo. Mais ela dixo que para eles “é moito máis sinxelo porque de tanto buscar xa recordamos os nomes dos documentos” e isto é bastante curioso! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario