Ca web 1.0 accediamos á información, líamola, gardabámola, mais non era posible modificala. Na web 2.0 xa todos podiamos agregar ou mesmo cambiala información, unha web social e colaborativa. Que ocorrerá ca 3.0? A web 3.0 será máis intelixente, ofreceranos directamente o que queremos.
Web 1.0
Web só de lectura, con información xerada por editores e
webmasters.
Foi creada arredor
de 1989, aínda que se fixo pública máis tarde. É unha maneira máis pasiva de
empregar a web, nela os usuarios só estamos autorizados a ver o contido e non
podemos comentar nin agregar imaxes ou vídeos.
Web 2.0
Web de lectura e escritura. Colaboramos, comunicámonos,
intercambiamos información, opinións entre usuarios. Calquera persoa pode
agregar contidos multimedia. O exemplo máis claro e actual desta definición
atopámola nas redes sociais ou nos blogs, foros, en calquera lugar onde os
usuarios poidamos “deixar comentarios”.
O término naceu no 2004, aínda que xa aparecera entre o
’99 e o 2001 (cunha pioneira realmente coñecida: Wikipedia).
É a xeración actual, na que todos interactuamos.
Web 3.0
Futuro. Tratará de facer unha conxunción entre o contido
semántico, a intelixencia artificial, a intelixencia colectiva e a xestión de
coñecemento.
É dicir: cando unha persoa busque información sobre un
tema en concreto, a web interpretará automaticamente e por si mesma o que o
usuario quere buscar, mostrará diferentes resultados de relevancia entre os que
usuario buscador poderá escoller.
Alumnos Instituto Grilli, "Trabajo práctico de T.I.C" [en línea]
<http://www.slideshare.net/Alumnos/web-10-web-20-web-30-167553> [Consulta: 30 novembro 2012]
Ciberprensa, "De Web 1.0 a Web 2.0 a Web 3.0" [en línea]
<http://ciberprensa.com/de-web-10-a-web-20-a-web-30/>
Apuntes sobre Web subidos á Aula Virtual.
Fotos extraídas de:
taringa.net
ciencialaultima.blogspot.com
Alumnos Instituto Grilli, "Trabajo práctico de T.I.C" [en línea]
<http://www.slideshare.net/Alumnos/web-10-web-20-web-30-167553> [Consulta: 30 novembro 2012]
Ciberprensa, "De Web 1.0 a Web 2.0 a Web 3.0" [en línea]
<http://ciberprensa.com/de-web-10-a-web-20-a-web-30/>
Apuntes sobre Web subidos á Aula Virtual.
Fotos extraídas de:
taringa.net
ciencialaultima.blogspot.com