domingo, 2 de diciembre de 2012

Evolución





Ca web 1.0 accediamos á información, líamola, gardabámola, mais non era posible modificala. Na web 2.0 xa todos podiamos agregar ou mesmo cambiala información, unha web social e colaborativa. Que ocorrerá ca 3.0? A web 3.0 será máis intelixente, ofreceranos directamente o que queremos.

Web 1.0
Web só de lectura, con información xerada por editores e webmasters.
Foi  creada arredor de 1989, aínda que se fixo pública máis tarde. É unha maneira máis pasiva de empregar a web, nela os usuarios só estamos autorizados a ver o contido e non podemos comentar nin agregar imaxes ou vídeos.

Web 2.0
Web de lectura e escritura. Colaboramos, comunicámonos, intercambiamos información, opinións entre usuarios. Calquera persoa pode agregar contidos multimedia. O exemplo máis claro e actual desta definición atopámola nas redes sociais ou nos blogs, foros, en calquera lugar onde os usuarios poidamos “deixar comentarios”.
O término naceu no 2004, aínda que xa aparecera entre o ’99 e o 2001 (cunha pioneira realmente coñecida: Wikipedia).
É a xeración actual, na que todos interactuamos.

Web 3.0
Futuro. Tratará de facer unha conxunción entre o contido semántico, a intelixencia artificial, a intelixencia colectiva e a xestión de coñecemento.
É dicir: cando unha persoa busque información sobre un tema en concreto, a web interpretará automaticamente e por si mesma o que o usuario quere buscar, mostrará diferentes resultados de relevancia entre os que usuario buscador poderá escoller. 





Alumnos Instituto Grilli, "Trabajo práctico de T.I.C" [en línea]
<http://www.slideshare.net/Alumnos/web-10-web-20-web-30-167553> [Consulta: 30 novembro 2012]

Ciberprensa, "De Web 1.0 a Web 2.0 a Web 3.0" [en línea]
<http://ciberprensa.com/de-web-10-a-web-20-a-web-30/>

Apuntes sobre Web subidos á Aula Virtual.

Fotos extraídas de:
taringa.net
ciencialaultima.blogspot.com

jueves, 29 de noviembre de 2012

Wikipedia, si ou non?



Os arquivos web son cada vez máis empregados á hora de informarse, de buscar datos, de facer traballos… En fin, Internet é cada vez máis empregado para todo, en xeral. A pregunta é, que nivel de fiabilidade teñen os datos web?
Unha das páxinas máis visitadas na rede é a Wikipedia. Todos acudimos a ela de boas a primeiras para enterarnos dun dato ou doutro, sexa por propio interese ou para documentarnos de forma “seria”. 
Na páxina de inicio, a propia páxina web nos avisa que o contido dos artigos que alí se inclúen son escritos por usuarios anónimos en todo o mundo e que é posible que haxa erros neles, polos que nos invita a correxilos.
Con 12 anos de vida, Wikipedia é unha poderosísima ferramenta cunha comunidade global de miles de voluntarios, que escribiron máis de 20 millóns de artigos en 282 idiomas e dialectos. O perfil medio do “wikipedista” é dun estudante de entre 20 e 35 anos, solteiro. Tamén participan nela catedráticos e reitores de universidades.
A pesar do traballo dos voluntarios, tamén hai certas persoas que se adican, directamente, a botalo por terra. Sen ir máis lonxe, non fai moito que buscando a biografía dun personaxe de actualidade, a información era correcta e o último parágrafo era unha combinación de insultos contra a persoa totalmente fascinante. Poucos días máis tarde, os editores xa o correxiran. Isto amosa a frescura e a actualización que contén Wikipedia.
Aínda estando todo tan actualizado, a pregunta é: a información é veraz? Hai múltiples opinións ó respecto, por suposto.
A revista científica Nature declarou no 2005 que a Wikipedia en inglés era case tan exacta como a Encyclopaedia Britannica. Por outro lado, o periódico español El País publicou unha reportaxe en 2009 sobre un estudio da universidade de París que fixo críticas bastante duras contra a enciclopedia dixital e, incluso, contra o estudo de Nature.

Que crer?
Estou segura de que cada un lle outorga o seu propio nivel de credibilidade.
Certo é que estando exposta á edición de calquera, poderiamos atopar de todo… Mais tamén debemos confiar un pouco nos “wikipedistas” que a forman, e nos estudos que estos acarrean. Polo visto, o seu emprego atópase extendido nun 73% entre os estudantes de Arquitectura, nun 65% nos de Inxeniería e Ciencias, nun 64% en Educación, nun 61% en Negocios en un 56% nas Humanidades; e, ó parecer, aínda non se fixeron públicos moitos problemas, non?

Persoalmente, non me decantarei nin polo estudo de Nature nin polo da Universidade de París. Todo está exposto a dúbida, sobre todo no mundo de internet. O importante é sempre o contraste de información.











PÉREZ-LANZAC, Carmen: «¿Debemos fiarnos de la Wikipedia?» [en línea]. Elpaís.com, 10 xuño 2009.
EFE: «Wikipedia, una enciclopedia útil pero poco fiable»[en línea]. Elmundo.es, 14 xuño 2010.
REDACTOR TERRA: «¿Es fiable la Wikipedia?» [en línea]. Terra.es, 18 maio 2007.
< http://www.terra.es/tecnologia/articulo/html/tec16222.htm > [Consulta: 28 de novembro de 2012]
< http://es.wikipedia.org/wiki/Wikipedia > [Consulta: 28 de novembro de 2012]

viernes, 16 de noviembre de 2012

Rusia


8/11/12
Profesor Rakoi
- Cine Rusia 1896
- Primeira película rusa: coroación Zar Nicolás II.
- Apertura Pathe Gaumont, sala de exhibición.
- Fin cine do imperio ruso tras a Revolución do 17.
- Hanz-Honkov
- Gosfilmofond: arquivo onde se atopan filmes de todas partes.
- O profesor acudiu a Santiago (no noso encontro xa era a segunda vez) debido a que atoparon nos arquivos rusos unha grabación chamada “Galicia” que contiña imaxes sobre a nosa terra.
- Distintas páxinas web nas que se pode buscar de forma virtual. Para acceder a el fisicamente precísase un permiso especial.

TVG


Os días 6, 7 e 8 de novembro, todos nós, os alumnos de segundo de Xornalismo da USC realizamos unha actividade de campo do máis interesante: visitamos o Centro de Documentación da CRTVG. Mentres ríamos e nos ilusionabamos ó atopar todas as cintas das temporadas de Doraemon, ou nos perdíamos polos corredores do edificio por sacar fotos ca figura do Xabarín Club, aprendemos como funciona realmente un centro documental e a importancia que ten.
Unha das principais cousas que todos nós sacamos en limpo da visita, é que as persoas que traballan neste campo viven na “sombra”, por así dicilo, e de algún xeito non son valorados como deberían. Sen todos aqueles traballadores que se encargan da organización e búsqueda dos arquivos, o xornalista non podería facer o seu traballo. E isto é algo que a persoa que se atopa detrás da televisión, non ve. Hai unha mala costume por parte da audiencia de non apreciar o verdadeiro traballo de todo o equipo que fai posible un simple programa. Tan só se quedan cas caras dos reporteiros e presentadores, como se fosen os que fixeron todo o que vemos. Ténse a esperanza, ó menos unha servidora, de que a visión estea cambiando e chegue a cambiar por completo e o público chegue a ser consciente de todo o traballo que se atopa detrás dun simple telexornal.
Os arquivos están repletos de imaxes e sons que pasan dun contedor a outro, dependendo dos avances tecnolóxicos. Todos quedamos abraiados con moitos dos aparatos (e sobre todo do gran tamaño destes) que se empregaban alá polo 85 na Televisión de Galicia. Cun recordo especial da “pulga” e do seu funcionamento, así como do tamaño case igual ó de un maletín das “cintas” que conteñen imaxes de aquela época. Pouco a pouco estes formatos se foron modernizando ata o actual, que son unhas pequenas cintas, fáciles de clasificar e que ocupan moi pouco espazo.
Na CRTVG o material está gardado en San Marcos nun depósito de arredor de 700 metros cadrados e lévanse almacenadas 400000 cintas. Débense conservar nunhas condicións especiais para evitar o deterioro destas, como é lóxico, cunha humidade e temperatura totalmente controlados.
Unha das encargadas do arquivo, explicounos que o tratamento dos materiais, dependendo da súa orixe, son almacenados de diferente forma. Por exemplo, os de produción propia e os de produción allea non son gardados do mesmo xeito. Unha das cousas que maior interese causou en nós é o feito de que moitas das imaxes que a televisión posúe son “inéditas” (o mesmo ocorre en todas as televisións), e con elas hai que ter especial coidado pois no momento no que adquiren noticiabilidade de novo poden precisarse ou (atención!) poden ser vendidas a outras antenas por moi bo prezo. Isto pasou, por exemplo, con imaxes do Prestige, non só no momento no que afundio, senón agora que comezan os xuízos deste.
Isto non significa que o almacenamento do material de produción allea non sea gardado coa mesma rigurosidade. Por suposto, todo é tratado dun xeito especial e coidadoso, e todo elo leva moitas horas de traballo… as cales actualmente son invertidas por 17 documentalistas na Televisión Galega.
Antigamente esta organización facíase a man, agora emprégase o mundo dixital, o cal facilita enormemente as cousas. A documentalista que nos serviu de guía amosounos o modo de facelo no ordenador, trátase dun sistema de búsqueda por palabras bastante sinxelo. Mais ela dixo que para eles “é moito máis sinxelo porque de tanto buscar xa recordamos os nomes dos documentos” e isto é bastante curioso! 

jueves, 15 de noviembre de 2012

Exercicio clase


·      Cita directa o de primera mano: Reproducción literal de una frase o de un párrafo. Suelen aparecer entre comillas.
”Friedman le aconsejó a Pinochet que impusiera un paquete de medidas rápidas para la transformación del país […] liberalización y desregulación generales”.
(Klein, 2007, 28).

·      Cita indirecta: Reproducción de una frase o párrafo con palabras propias del que cita o citador.
Tal y como Klein (2007, 28) dice, los ciudadanos chilenos no sólo estaban conmocionados tras el golpe de estado de Pinochet, sino que también vivían traumatizados por un proceso de hiperinflación muy agudo.

·      Cita de segunda mano: Es la que se recoge de un trabajo que incluye una cita de primera mano. Se cita el lugar del que se recuperó, además del autor del texto citado.
Friedman (1966, 73, cit. Klein, 2007, 28) acuñó una fórmula para esta dolorosa táctica, el “tratamiento de choque”.