25-S
Que pasou o 25/9/12 en Madrid?
25-S. O pasado 25 de setembro, miles de persoas volveron a
reunirse para manifestarse ante o Congreso dos Deputados. A protesta foi
convocada en Praza Neptuno e na Porta do Sol co obxectivo de volver a rodear o
Congreso e pedir a dimisión do Goberno e o inicio dun proceso constituínte.
Que papel xogou a policía?
Os policías dedicáronse a “realizar o seu traballo”. Detrás dos
valos, a cabalo e con cans, adicaron a xornada á violencia. Co fin de “deter”
ós manifestantes, arremeteron contra eles de forma feroz, bruta e sen piedade.
A maiores, moitos deles asistiron á manifestación camuflados para deter ós
coordinadores da manifestación.
Que papel xogaron os manifestantes?
Poderíase dicir, de feito, que a manifestación chegou a un
punto similar á caza do rato polo gato. Con isto non se defende o feito de que
moitos dos manifestantes se comportaron, tamén, de maneira ruda, senón que
moitas persoas indefensas foron punto fixo dos policías na súa persecución. Sen
esquecer que todos eles estaban alí manifestándose, cousa que ata o momento non
é ilegal.
Que papel xogou a clase política? Cantos diputados asistían ao
pleno?
A clase política non xogou ningún papel no propio día, máis ben
ós días seguintes coas súas declaracións sobre o sucedido. Según os deputados,
o pleno desenvolveuse con normalidade, como se nada estivese pasando no
exterior.
Que pasou no pleno do Congreso?
Discutíronse diferentes
propostas dos grupos políticos. A proposta de UPyD de crear unha lei Orgánica
para previr e erradicar a discriminación lingüística e asegurar a liberdade da
elección da lingua, do mesmo partido a idea da racionalización do réxime retributivo
dos cargos políticos electivos ediante un sistema obxectivo e
transparente; do PNV sobre a mellora da
accesibilidade nas comunidades de vivendas e sobre a relativa loita contra o
fraude fiscal; a proposta do Sr.Baldoví
sobre o aproveitamento dos alimentos descartados polas grandes
superficies; de novo, a proposta de UPyD
en relación ó acceso dos estudantes de educación obrigarotia a unha
alimentación nos centros escolares e, finalmente, do PNV a creación dun Fondo
Verde de inmersión para xerar crecemento e emprego.
A maiores, aprobouse a orde
do día no sentido de excluir do mesmo punto 25, da Esquerda Plural, sobre a
situación da Seguridade Social e a garantía das pensións.
Por que foi a concentración? Quen chamou á concentración?
Foi para pedir a dimisión do goberno e o comezo dun proceso
constituínte. A concentración foi organizada por unha “coordinadora” vía web:
coordinadora25s.wordpress.com
Onde vistedes as noticias?
Vía web.
Como valorades esa información recibida?
Depende: ó ler todos os xornais dixitais obtiven bastante
información, e plural. Mais certo é que moitos xornais intentaron modificar a
imaxe do 25s poñendo ós cidadáns como “terroristas”, como “golpistas”. Aínda
que non debemos esquecer que tamén se viu manipulación dende o lado oposto.
Que lle faltaba a esa información?
Obxectividade.
Que consecuencias ou que letura se pode facer ou entresacamos
da concentración/manifestacións?
Trátase dun acto que atrae de forma mediática, mais cada medio
levaa ó seu punto de vista. Para facerse a unha idea é necesaria a lectura de
noticias de diferentes ideoloxías e así chegar a extraer unha idea acertada do
sucedido. As manifestacións, o espírito de cambio, fannos abrir os ollos ós
cidadáns, a sumarnos a eles, ou incluso poñernos en contra; mais, polo menos, a
pensar no sucedido, no que piden, a reaccionar. Algo totalmente necesario na
sociedade actual, que tan só nos comportamos como elementos pasivos nas mans
dos “máis grandes”.
Que outras preguntas habería que facerse?
Centos delas. Preguntas en canto á política e sociedade e
preguntas en canto ós medios de comunicación e ó seu intento de manipulación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario