lunes, 22 de octubre de 2012

Documentación Informativa


RESUMO

Neste traballo abordaremos unha investigación sobre as características propias da Documentación Informativa, materia que nos dedicamos a estudar no presente curso. Centrarémonos en descubrir o seu ámbito de desenvolvemento: os medios de comunicación.
Así, fixaremos o concepto de Documentación, os seus principios e características, as funcións e a finalidade, analizaremos o centro de documentación dun medio e, a maiores, realizaremos un mapa conceptual co que fixar e clarificar as ideas obtidas.
Realizaremos un marco teórico xeral que nos permitirá o achegamento á importancia da disciplina e ó papel que xoga fronte á información.


PALABRAS CLAVE

DOCUMENTACIÓN xornalismo INVESTIGACIÓN ciencia INFORMACIÓN tarefa RECOPILAR analizar DIFUNDIR accesibilidade BIBLIOTECAS internet ARQUIVOS verificar CONTRASTAR


INTRODUCIÓN

A Documentación Informativa nace á vez que o xornalismo escrito. Ata ese momento hai archivos, pero o interese polos antecedentes da información xorde á vez que a difusión de noticias a través dos medios de masas.
A mellor documentación é a colección dos propios exemplares do xornal, aínda que tamén teñen grande importancia as biografías.
Máis alá das necesidades inmediatas, os medios confiaron no groso dos seus arquivos ás axencias de prensa, que ofrecen o seu servizo de documentación como un ben de alto valor engadido.
1ª etapa. Os primeiros medios de comunicación, os xornais, contaban ca súa propia biblioteca ou con fotograbados, as planchas metálicas das imaxes.
A comezos do século XX, coa popularización da máquina de escribir, iniciouse tamén o arquivo nos medios de comunicación de outros elementos documentais: índices e dossiers.
2ªetapa. A segunda etapa da documentación desenvólvese a partir de 1960, coa extensión da mecanización e da microfilmación, que permiten o acopio de grandes volumes da información fotografada. Redúcese o volumen, pero non mellora a clasificación nin o acceso á información almacenada.
3ªetapa. Os balbuceos da información dan paso á terceira etapa da documentación informativa. Continúa o imperio do microfilm, pero xa é posible contar con ordenadores para a búsqueda de índices, e comezan a extenderse as bases de datos de temas, a través de índices, e as de datos de texto.
4ªetapa. A partires de 1980 desenvólvese o recoñecemento óptico dos caracteres, da dixitalización e as memorias ópticas de gran capacidade. O salto é espectacular. O texto impreso pode ser reconvertido en arquivo de caracteres; as reproducións facsímiles permiten a cómoda visualización, e a información abundante pode ser gardada e clasificada mediante a xestión electrónica do documento. É o momento espectacular das enciclopedias dixitais, as edicións xornalísticas en CD-ROM e a informatización dos arquivos gráficos.
Co cambio de século prodúcese o acceso ás autopistas da información, ás telecomunicacións, o fin das fronteiras: Internet.
A web 2.0 é o máis recente en materia de documentación. As fontes informativas multiplicáronse exponencialmente, as bitácoras alcanzaron a súa madurez e as comunidades de usuarios marcan a pauta do interese xornalístico. A cambio, sufrimos un importante problema de fiabilidade, a proliferación de rumores interesados e a dificultade extrema de procesar e arquivar tanta documentación como hoxe hai dispoñible en Internet.


CONCEPTO

A Documentación é unha disciplina científica que trata de recompilar, almacenar, analizar e difundir a información contida en documentos de distinto tipo. O obxectivo é que esa información analizada sexa accesible para calquera persoa que a poda necesitar.
A Documentación é a ciencia xeral que recolle, analiza e almacena todo tipo de información para recuperala e difundila, de maneira que acade rápida e eficazmente a quen interese co fin de obter novos coñecementos. É un proceso de comunicación polo cal un individuo recibe as referencias de uns obxectos (documentos debidamente tratados) expresa o presuntamente pedidos relativos a un determinado dominio da actividade social.
É dicir, a Documentación é a actividade que se ocupa de reunir e analizar os documentos, almacenando a información que conteñen para poder recuperala e difundila, e así poñela ó alcance rápida e eficazmente a quen podan empregala.
A Documentación Informativa, en canto a disciplina e campo de exercicio profesional, consiste na documentación aplicada ós medios de comunicación social. Podería definirse como a maneira informativa que ten por obxecto a valoración, selección, clasificación e arquivo para o seu posterior emprego, co fin de elaborar a información xornalística e difundir a información documental de base xornalística.
En síntese: a Documentación Informativa é a expresión xenérica que se refire, precisamente, a aquela parte da Documentación que serve de maneira específica ós comunicadores ou a aquelas persoas que se adican á investigación no campo da Comunicación.


Segundo os diferentes autores, a Documentación Informativa é…

Pérez Alarcón, Adoració (coord.): La documentació a l’era de la informació, Barcelona, Edicions de la Universitat Oberta de Catalunya, 1998.  A documentación é unha disciplina que se ocupa basicamente de aplicar unha chea de técnicas que permiten estruturar e organizar os documentos en chamados sistemas de información. Só así será posible a recuperación e localización dos documentos, da información.

Ángeles López Hernández: La documentación, herramienta básica del periodista y el comunicador.  A documentación ensínanos a clasificar, organizar, resumir e extraer as palabras chave (indización) das mensaxes de forma eficiente é útil, facilitando e axilizando a recuperación das informacións no momento preciso, cando son necesarias para o desenvolvemento do traballo.

Carrizo Sainero, Gloria; Pilar Irureta-Goyena Sánchez y Eugenio López de Quintana Sáenz: Manual de fuentes de información, Madrid, Cegal, 1994. A actividade científica que se ocupa de recoller e tratar as fontes do coñecemento, almacenar a información, facilitar a recuperación e proceder á difusión de forma rápida e eficaz.
A súa orixe está na Bibliografía, que pasa a engrosar máis tarde o concepto de Documentación
A Documentación xira arredor do tratamiento e difusión de documentos.
O obxecto da documentación: o coñecemento e os seus procesos de transferencia a través de documentos.

García Gutiérrez, Antonio (ed.): Introducción a la Documentación Informativa y Periodística, Sevilla, Editorial Mad, S. L., 1999. A Documentación é procedemento e ferramenta que axuda a comprender e ordenar o caos cognitivo xurdido a partir do crecemento exponencial da información tecnocentífica no entorno da revolución industrial do século XIX. Uso de criterios científicos de organización e circulación.
Ademais documentación é un instrumento para xerar procesos de organización e circulación de todo tipo de coñecementos (45).
Fundadores: Paul Otlet y Henri La Fontaine (ambos belgas). En 1895, crean Instituto Internacional de Bibliografía. En 1938, Federación Internacional de Documentación (FID) ou tamén Federación internacional de Información e Comunicación.

MORENO GALLO, Miguel Ángel: Manual de documentación para la comunicación, Burgos, Servicio de Publicaciones e Imagen Institucional Universidad de Burgos, 2009.    A Documentación non é só a xestión de archivos, é valoración e aportación de datos, análises e opinións.


Amat Noguera, Nuria: La documentación y sus tecnologías, Madrid, Pirámide, 1994. A Documentación, ciencia do século XX, do cal a orixe está no crecemento da información científica. Despois da 2ª Guerra Mundial, a literatura científica (libros, artigos, comunicacións, etc.) medran de maneira expoñencial.
O feito de documentarse e como facelo para producir coñecemento é o factor inherente á documentación, así como o sistema e proceso establecidos para que a comunicación informativa cumpra as mellores garantías.
“Ciencia que estudia a producción, organización, almacenamento, recuperación e difusión da información”. Pero a documentación tamén investiga sobre os seus propios métodos que son: métodos de documentarse, de como producir información e coñecemento, e que tipo de información e que tipo de coñecemento.

Giménez Toledo, Elea: Manual de documentación para comunicadores, Pamplona, Eunsa, 2007. A Documentación, disciplina científica que trata de recopilar, almacenar, analizar e difundir información contida en distinto tipo de documentos. Obxectivo, que a información analizada sexa accesible a calquera que poda precisala.

López Yepes, José: La sociedad de la documentación. Seis calas en el ámbito de la Teoría de la Documentación, del documento y de las fuentes de información, Madrid, Fragua, 2011. “Documentación é ciencia xeral que ten por obxecto o estudo do proceso de comunicación das fontes documentais para a obtención de novo coñecemento”.


PRINCIPIOS

Os principios que rixen a documentación nos medios (documentación informativa ou documentación xornalística) foron expresados por Gabriel Galdón.
PRINCIPIOS TEOLÓXICOS
·            Verificativo: A causa orixinaria fundamental da actividade documental xornalística, pola cal esta se orienta cara a consecución da verdade informativa mediante a comprobación da veracidade dos textos e referencias que se valoran e difunden, e a súa conseguinte purificación e complemento.
·            Explicativo: A causa final específica da actividade documental xornalística, pola cal esta se ordena cara á inteleción da verdade informativa mediante a valoración e potenciación da comunicabilidade e carácter aclaratorio dos textos e referencias da cal a súa veracidade se comprobou e completou.
·            Editorial: A causa adicional secundaria da actividade documental xornalística, pola cal esta se orienta á fundamentación de opinións e ideas dende a perspectiva particular de análise marcada polos principios editoriais da publicación propia.
PRINCIPIOS FORMAIS E CIRCUNSTANCIAIS
·            Perdurabilidade: A razón formal da actividade documental xornalística, que tende a fixar a utilidade futura e o grao de permanencia dos textos e referencias na elaboración da información xornalística.
·            Adecuación funcional: A regra metodolóxica na actividade documental xornalística pola cal esta se orienta ó tratamento específico que precisa cada tarefa e medio documental, de acordo ca súa natureza e función que realiza.
·            Limitativo: O conxunto de circunstancias reais da actividade documental xornalística, que limita o seu exercicio e emprego de medios.


CARACTERÍSTICAS DA FUNCIÓN DE ACTUALIDADE

As principais características da información de actualidade dende a perspectiva do traballo documental son expostas por Amat  e Blasco:
1.          Coincidencia episódica. As mesmas novas son outorgadas por todos os medios diarios nas mesmas datas e posteriores, así como nas revistas xerais nas súas datas de publicación e nos espacios informativos non diarios dos medios audiovisuais. A causa é a dependencia dos medios das axencias e, sobre todo, dos produtores dos feitos que se constitúen en noticia e nunha interpretación coincidente das espectativas da audiencia.
2.          Redundancia cíclica. A actividade xornalística céntrase na cobertura dos feitos contemporáneos. Como a actividade humana é recurrente, o tratamento dado a esta cobertura tamén o é. Determinados acontecementos teñen unha frecuencia diaria (bolsa), outros semanal (reunión do consello de ministros), outros mensual (IPC, datos do desemprego), trimestral (grandes operacións de tráfico) ou anual (Óscars de Hollywood). Isto fainos previsibles para a documentación.
3.          Efecto Mateo. "Moitos son chamados e poucos os elixidos". Unhas poucas personaxes polarizan o interés dos medios e aparecen nomeados en moitas novas mentras que moitísimas personaxes aparecen citados polos medios poucas veces, co conseguinte desequilibrio para o tratamento da información relativa ás persoas.
4.          Multiplicidade de soportes. Teletipos, noticias imprimidas, comunicados de prensa, grabacións radiofónicas, materiais visuais e audiovisuais.
5.          Fragmentación da mensaxe. As mensaxes informativas transmítense fragmentadas polo ritmo de captación dos acontecementos diferentes ó da publicación e edición dos medios.Estes, ademais,  adoitan empregar unha estrutura en forma de tríptico: Previo (anuncio, antecedentes, previsión) - Noticia - Reacións (Valoración, matización, contexto...) que, á súa vez, pode continuar xerando novas noticias, de tal maneira que non é doado realizar o proceso de seleción nin análise documental pois non hai criterio nin perspectiva abonda.
6.          Latencia. A información de actualidade caduca aparentemente, pero calquera feito pechado pode reabrirse e pode devolver o protagonismo a personaxes e feitos con independencia da súa antigüidade.
7.          Documentos compostos. Textos con fotografías e gráficos, por exemplo, plantexan dificultades de organización documental e de deseño das ferramentas de recuperación documental.
8.          Lei do mínimo esforzo. A premura de tempo coa que se adoita traballar vai en detrimento de respostas e tratamnentos da información elaborados.
9.          Estratificación de usuarios e empregos. Se traballa para usuarios moi diferentes na súa especialización e nos seus obxectivos.
10.        Relatividade de significado. Os documentos xornalísticos cambian o seu significado nos distintos contextos e admiten interpretacións diversas por parte dos usuarios. Isto fainos polivalentes. Na información audiovisual isto é especialmente significativo: Así uns planos de recurso grabados nuns laboratorios de investigación farmacolóxica poden servir para unha noticia sobre o SIDA, outra sobre unha epidemia de neumonía, un reportaxe sobre o traballo calificado da muller , outro sobre política científica e, unha noticia sobre o prezo dos medicamentos. Os datos sobre roubos de coches son interesantes para un redactor de sucesos e para un redactor das páxinas de economía. Ó primeiro interésalle a evolución dos acontecementos delitivos, ó segundo a súa repercusión no usto dos seguros automobilísticos. 
Habería que engadir unha última característica do discurso informativo: a omisión. Os textos xornalísticos omiten sempre información, voluntaria ou involuntariamente, e esto debe ser tido en conta polo documentalista que debe facelos perdurables a longo prazo pois algunhas omisións son detectables no momento, pero non tempo máis tarde. Os principais tipos de omisión son:
            Omisión doxológica: Ocúltase a información deliberadamente. Pode ser manipulativa (o ausente actúa como reforzo adicional do expresado) ou pode ser neutral (dase por sabido o omitido)
            Omisión agnósica: Omítese o que se descoñece, é involuntaria pero produce un efecto sobre o lector.
            Omisión imposta: Exércese por razóns alleas ó autor: razóns de espazo e tempo.


FUNCIÓNS

A Documentación Informativa non ten só o obxectivo de ampliar as noticias do día, hai outros moitos empregos que facilitan e potencian o traballo que se leva a cabo nunha Redación.
·            Previsora: é unha función clásica, basada nas efemérides, nos feitos que ocorren a data fixada, aniversarios, centenarios, festividades ligadas ós calendarios. É preferible que o seguimento deste tipo de conmemoracións as faga o servizo de documentación, e non cada redactor individualmente.
·            Preparatoria: As novas adoitan ser inesperadas, pero non todas. Moitas veces é posible intuir o que vai ocorrer (falecementos de personaxes, procesos electorais). A documentación adoita ser imprescindible nestes casos.
·            Verificadora: En ocasións facilítase ós medios de comunicación información interesada que é preciso contrastar, pero non sempre é sencillo acudir a fontes alternativas. Para solucionar este problema pode empregarse o servizo de documentación. Os datos numéricos, os feitos coñecidos, poder ser cotexados na nosa propia redación.
·            Depurativa: A documentación serve tamén para detectar que é o que falla, e así elimínalo. Moitas se publican datos sen contrastar, disfruncións matemáticas e erros de bulto que só poden ser detectados polo ollo entrenado dun servizo de documentación.
·            Completiva: O texto no contextos, como se repite ata a saciedade na análise literaria. Os xornalistas teñen unha irrefrenable tendencia a escribir para si mesmos, a dar por suposto que todos os lectores dispoñen das súas mismas claves, que non é necesario explicar nada. No fondo, os redactores teñen vocación de cronistas e cren que todos os seus lectores son fieles seguidores dende a orixe dos tempos, e por ser solucionada facilmente por un servizo documental que facilite os datos imprescindibles, as chaves da comprensión, os antecedentes; o contexto, en definitiva.
·            Lingüística: Quen intentou redactar definicións de dicionario son conscientes da dificultade de describir obxectos, ou as ideas, sen empregar a palabra que se pretende definir. Porén, os servizos de documentación, pola súa estrutura lóxica, son fáciles de atopar aquelas chaves lingüísticas que permitan aclarar os conceptos difusos.
·            Narrativa: Non só hai que explicar correctamente os termos que estamos empregando na información, senón que hai que facer unha labor narrativa adecuada ó lector. Nunha revista especializada non é necesario outorgar datos moi específicos que son sabidos polos lectores, cousa que nos xornais, radio ou televisión si é necesario, pois o público é moi heteroxéneo.
·            Informativa: Outra función do servizo de Documentación pode ser a xeración de información propia: os recadros, datos, moitas veces se basan nos contidos do arquivo. Ninguén mellor que os documentalistas para elaborar a síntese de datos complexos.
·            Orientadora: Un servizo de documentación que se precie non debe estar só á espera de que pidan datos. Tamén debe asumir unha labor orientadora, facilitar argumentarios, biografías, todo aquello que considere oportuno para mellorar a labor dos redactores.
·            Retificadora: Cando se difunde unha información nun xornal, nunha emisora de radio ou na televisión, case nunca se poden correxir os fallos, e cando se fai sempre é de maneira descontextualizada, de difícil interpretación para os lectores, oíntes, espectadores. Pero estas circunstancias non deben dar lugar á desidia da imprecisión. Un medio de comunicación debe buscar a excelencia, e o servizo de documentación é clave na labor retificadora , na deteción dos erros e na comunicación destos, xunto cos datos correctores, ó comunicador que sufriu o desliz.


FINALIDADE

A Documentación Informativa trata de buscar a verdade informativa, non só aquello que nos interese. Cando buscamos documentación hai que ser conscientes de que poden aparecer datos que contradigan as nosas hipótesis, e que sempre hai que estar en guardia para non caer no aforismo que di “non deixes que a realidade estropee unha boa nova”.
A segunda finalidade da Documentación é conseguir explicar a verdade, aportar todo o necesario para que o lector, o oínte e o espectador sexan capaces de comprender os antecedentes e as circunstancias que rodean a información.
Por último, a Documentación debe ter en conta o principio editorial da empresa informativa, é dicir que non se trata de acumular ou de entregar todos os datos que atopemos, senón só aqueles que se corresponden na xestión xornalística. Calquera documentalista estaría encantado de gardar todas as noticias dunha axencia de prensa, mais se a súa labor profesional transcorre nunha publicación mensual, por exemplo, parece evidente que, ademais da verdade e o interese xenérico, o documentalista debe ter en conta cales son os principios editoriasda empresa que lle paga.
Da misma maneira, á hora de xestionar a documentación nun medio de comunicación convén facer algunhas reflexións: cando e onde se vai usar a información, cal debe ser a perdurabilidade –datos de interese transitorio, e outros de interese permanente-, a adecuación funcional (a un xornal interésanlle as imaxes históricas, pero unha emisora de radio cambiaría todas as imaxes por arquivos sonoros) e o seu alcance espacial, que non será o mesmo nun xornal local que nunha emisora de televisión por satélite.


CENTRO DE DOCUMENTACIÓN NUN MEDIO: FUNCIÓNS, CARACTERÍSTICAS E FINS

Independientemente do medio no que traballe un xornalista, as súas esixencias con respecto ó seu centro ou sistema documental van ser moi semellantes. A un centro de documentación dun medio de comunicación pídeselle que proporcione acceso rápido á información xornalística producida con anterioridade (por ese ou por outros medios) e que, ademais, esa información sexa fiable e estea suficientemente actualizada. O factor tempo é crítico no acceso á información por parte do xornalista de informativos. Porén, os profesionais adicados á ficción ou á publicidade non esixen tal inmediatez á información. Ademais, outra peculiaridade do emprego da información por parte do xornalista é que, maioritariamente, demanda datos moi recentes, xeralmente do mes en curso.


MAPA CONCEPTUAL

Documentación
1ª etapa
Xornais: bibliotecas+ fotograbados. S.XX,máquina escribir:índices+dossiers.
2ª etapa
1960: mecanización+microfilmación.Redución volumenànon mellora almacén.
3ª etapa
Ordenadores
4ª etapa
1960: revolución dixital, arquivos gráficos
2.0
INTERNET. Mellora en xeral, excepto na fiabilidade.

RECOMPILAR à ALMACENAR à ANALIZAR à DIFUNDIR

PRINCIPIOS
·            Verificativo
·            Explicativo
·            Editorial
·            Perdurabilidade
·            Adecuación funcional
·            Limitativo

CARACTERÍSTICAS ACTUALIDADE
o      Coincidencia episódica
o      Redundancia cíclica
o      Efecto Mateo
o      Multiplicidade de soportes
o      Fragmentación da mensaxe
o      Latencia
o      Documentos compostos
o      Lei do mínimo esforzó
o      Estratificación de usuarios e empregos
o      Relatividade de significado

FUNCIÓNS
§    Previsora
§    Preparatoria
§    Verificadora
§    Depurativa
§    Completiva
§    Lingüística
§    Narrativa
§    Informativa
§    Orientadora
§    Retificadora





Bibliografía


GIMÉNEZ, Elea: Manual de Documentación para comunicadores. Navarra, EUNSA, 2004.

MORENO GALLO, Miguel Ángel: Manual de Documentación para la Comunicación. Burgos, UNIVERSIDAD DE BURGOS, 2009.

GALDÓN, Gabriel: Teoría y práctica de la documentación informativa. Barcelona, ARIEL COMUNICACIÓN, 2006.

VALLE del GASTAMINZA, Félix. Facultad de Ciencias de la Comunicación, Universidad Complutense de Madrid: http://www.ucm.es/info/multidoc/prof/fvalle/tema14.htm